Sunday 05 de May de 2024

O Goberno local apoiará a Lonxa na creación dunha marca propia que diferencie o peixe que arriba á cidade


 

A alcaldesa Inés Rey comprometeuse, tras a súa visita ás instalacións esta mañá, a estudar a posibilidade de dar formación sobre determinados postos de traballo vacantes

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá a Lonxa coruñesa nun encontro en que se abordaron varias cuestións como a da formación, xa que desde o porto informaron de que hai postos de traballo que na actualidade non se chegan a cubrir. Desde o Concello, a rexedora comprometeuse a estudar o tema laboral xunto co de impulsar unha marca de seu, que lles advirta ás consumidoras e consumidores que están a mercar produto que arribou aos peiraos da cidade, unha iniciativa que sería apoiada polo Goberno local de cara a potenciar o peixe de aquí e que vai en sintonía con outras que atenden á gastronomía propia desta península, co fin de construír un corpo identitario que se diferencie pola calidade e o respecto á contorna.

Por outra parte, o Concello e a Lonxa están estudando a xestión dos residuos que que se xeran nas instalacións. Para Rey, a desta mañá foi unha visita obrigada para o Goberno municipal “co fin de manter contacto cun dos sectores estratéxicos da cidade a nivel económico, que é o sector pesqueiro, o cal xera en torno a 4.000 e
5000 empregos, e facturou o ano pasado preto de 80 millóns de euros con máis de

40.000 toneladas de peixe vendido”. A alcaldesa afirmou que era conveniente ter

una relación fluída e potenciar e dinamizar a presenza da Lonxa na cidade.